Centro de interpretación
da música de raíz
Horarios
O Centro abre as súas portas de venres a domingo e en días festivos:
Venres: de 18:00 a 20:00 h
Sábados: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00
Domingos: de 10:00 a 14:00 h
Flexibilidade horaria: ademais do horario habitual, é posible concertar visitas noutros horarios, sempre baixo solicitude previa e suxeito a dispoñibilidade.
Tarifas
Entrada xeral: 3 €
Menores de 3 años: 1 €
Obradoiros básicos: 12 € por persoa
Ver mapa
Servicios dispoñibles
Visitas guiadas personalizadas: Duración aproximada dunha hora, sempre en grupos pequenos. É preciso reservar por teléfono ou correo electrónico.
Accesibilidade universal: O Centro ofrece axudas técnicas que permiten ás persoas con diversidade funcional acceder a todos os espazos e participar plenamente na experiencia, garantindo que a visita sexa inclusiva para todos.
Tenda: CDs, publicacións, materiais educativos, pequenos instrumentos e recordos relacionados coa música de raíz e a cultura galega.
Centro de interpretación
O Centro de Interpretación da Música de Raíz Está situado na aldea da Seara, no concello de Quiroga, nun entorno natural de gran beleza paisaxística no corazón de Xeoparque Mundial das Montañas do Courel A Seara é unha das aldeas máis representativas da Serra do Courel. De orixe medieval, conta cun patrimonio arquitectónico que amosa as principais características da arquitectura de montaña, constituíndo un magnífico conxunto de interese etnográfico.
O centro de interpretación é un espazo dedicado á preservación e difusión da música tradicional gallega, os seus instrumentos e o coñecemento asociado. Define a música como parte do identidade e memoria colectiva, e ofrece unha experiencia para escoitar, tocar e sentir os sons que acompañaron a vida das comunidades gallegas ao longo do tempo.
A colección
O Centro conserva máis de 1.200 instrumentos de música de raíz galega, así como arquivos sonoros, documentación e material audiovisual. Trátase dunha das coleccións máis singulares do país, froito de máis de 40 anos de investigación de Xavier Blanco.
A exposición estructúrase en tres salas temáticas:
Sala 1. Instrumentos primitivos: creados con elementos da natureza, empregados para comunicarse, imitar sons ou realizar rituais.
Sala 2. O ciclo festivo do ano: pezas vinculadas a celebracións tradicionais, tanto relixiosas como vinculadas ao traballo e ao ciclo produtivo.
Sala 3. O movemento acompasado: instrumentos asociados coa danza, o ritmo do camiñar e as cancións de traballo.
Experiencia da visita
Contacto directo: posibilidade de tocar e sentir algunhas pezas baixo supervisión.
Visitas guiadas: dirixido por Xavier Blanco, que interpreta cantigas de raíz cos instrumentos expostos.
Participación activa: persoas visitantes son invitadas a experimentar co ritmo e co son.
Flexibilidade horaria: ademais do horario de apertura habitual, pódense concertar visitas noutros horarios, sempre con solicitude previa e suxeitas a dispoñibilidade.
O noso público
Este espazo está deseñado para todos, sen restricións de idade nin de perfil.
Público xeral
Familias, persoas adultas e viaxeiras curiosas pola música e a cultura galega.
Comunidade educativa
Visitas adaptadas a escolas, institutos e universidades.
Asociacións e colectivos culturais
Actividades centradas na recuperación e transmisión de tradicións.
Persoas con necesidades específicas
Un centro accesible e inclusivo, aberto a todos os membros da sociedade.
Actividades
Descubra a música de raíces a través da experiencia.
Nas nosas actividades, a tradición vívese a través das mans, da voz e do ritmo. Aprende a facer instrumentos, explora os sons da natureza e conecta coa esencia musical de Galicia a través de actividades abertas e participativas accesibles a todas as idades.
Vive, sinte e crea música de raíces.
Localización
O Centro está situado na aldea da Seara (Quiroga, Lugo), unha das xoias arquitectónicas e paisaxísticas da Serra do Courel. As súas orixes medievais, as casas de pedra e tella, o río Selmo e a presenza do pico Formigueiros crean un escenario perfecto para mergullarse na tranquilidade, o patrimonio e os sons ancestrais da nosa terra.



