A colección de instrumentos de música de raíz, en proceso de rehabilitación, atópase na aldea de A Seara, no territorio Montañas do Courel, provincia de Lugo. Esta aldea, conta cun patrimonio arquitectónico que mostra as principais características da arquitectura de montaña, constituíndo un magnifico conxunto de interese etnográfico. Por outra banda, atopase nunha contorna de natureza viva e desbordante de calma, lonxe do bulicio e das présas da cidade, onde pon de manifesto o concepto, hoxe case esquecido, de vivir amodo.

O Centro promove un ambiente creativo para a aprendizaxe e a transmisión de coñecementos, buscando descubrir ao público o significado do legado cultural tanxible, que se expoñe nas salas temáticas e do intanxible, que empregará como ferramenta de transmisión a Xavier Blanco, unindo a sabedoría e a tradición oral en interacción coa contorna, creando así, espazos en calma. O obxectivo principal do Centro é a investigación, conservación, divulgación e aposta en valor do legado cultural e patrimonial de raíz, sempre dende un prisma sinxelo e compresible, adaptándose ao público que o visite.

PROYECTO